sábado, 27 de julio de 2019

CARPIDEIRA

CARPIDEIRA

Substantivo feminino.

Muller que carpe por diñeiro nun velorio ou nun enterro.
Muller que acompañaba os enterros chorando, xeralmente a cambio de cartos.
Ex: As carpideiras eran unhas mestras na arte de incitar ao pranto.
Moitas veces as choradeiras eran pagadas pola familia do morto.
Sinónimo: Choradeira.





VAN

VAN

Adxectivo.

1. Que non contén nada ou só contén aire.
Ex: Tiña unha colección de cunchas vas que ía recollendo nas praias.
Sinónimos: Baleiro, oco.

2. Que non ten utilidade ou eficacia.
Ex: Tódalas xextións foron vas.
Sinónimos: Baldío, improdutivo, infrutífero, inútil.

3. Que non lles dá ás cousas serias a importancia debida, que só se preocupa de cousas sen importancia.
Ex: É unha persoa va.
Sinónimos: Superficial, frívola.

Substantivo masculino.

4. Espazo baleiro ou desocupado, en especial o lugar da parede onde se abre unha porta ou ventá.
Ex: Espertouna unha raiola que entraba polo van da fiestra.
Sinónimo: Oco.

5. Estreitamento do corpo humano por riba das cadeiras.
Ex: A saia quédame apertada no van.
Sinónimos: Cintura, cós.

6. Cavidade entre as costelas e os ósos das cadeiras.
Ex: Levábaa collida polo van.
Sinónimo: Illarga.


ARROALLO

ARROALLO

Substantivo masculino.

1. Castrón en celo.
Ex: O arroallo non deixaba pacer as cabras.

2. Escuma que botan os verróns pola boca.
Ex: O macho botaba arroallo en canto o xuntaban coas femias.

3. Cheiro que desprenden os castróns e carneiros en celo.
Ex: Notábase o arroallo dende fóra do cortello.

4. [Por extensión] Cheiro desagradábel.
Ex: Non se para con este arroallo.

5. Arrogancia, orgullo ou soberbia.
Ex: A cociñeira contestou con moito arroallo.

6. Ímpeto ou forza de alguén ou algo.
Ex: O arroallo do vento.



MORGADO

MORGADO

Substantivo.

1. Fillo que herda os bens que se perpetúan nunha familia.
Ex: Hoxe en día so é morgada a persoa que é filla única.

2. [Por extensión] Fillo único.
Ex: Casou cun morgado que lle prometeu grandes riquezas.

3. Patrimonio familiar que herda o fillo maior.
Ex: Herdou o morgado e dilapidouno todo.

Sinónimo: Vinculeiro, vinculeira.

CUBILLEIRO

CUBILLEIRO

Adxectivo.

Que fala mal de alguén ou de algo.
Ex: A esas veciñas cubilleiras nin os saúdo.

Substantivo.

Ex: Es un cubilleiro, acabaches poñéndoas a mal.

Sinónimos: murmurador, rexoubeiro.


CUBIL

CUBIL

Substantivo masculino.
1. Lugar no que se refuxia ou vive un animal.
Ex: Entre marzo e abril sae o cuco do cubil.

2. Refuxio, agocho.
Ex: A rapariga non quería saír do seu cubil.

3. Corte ou parte da corte onde están os porcos.
Ex: No cubil tiñan catro ou cinco porcos.
Sinónimo: Porqueira, cortello.



SEBE

SEBE

Substantivo feminino.

Valo feito con varas e estacas cruzadas, arbustos, silvas, ramallos etc...
Límite dun terreo formado por silvas e outros arbustos espiñentos.

Sinónimo: Sebeiro, silveira.

Ex: A cabra saltou a sebe de buxo e fuxiu.
Pasou por riba do sebeiro dun chimpo.