CASCOLETE
Adxectivo e substantivo.
Persoa que está entre a infancia e a xuventude. Que xa supera a nenez, pero aínda non chegou á idade adulta.
Ex: Os fillos de Paco xa van feitos uns cascoletes.
Sinónimos: rapaz, mozo, rapazolo.
Nota: Esta verba non está recollida de xeito oficial na RAG, aínda que se emprega no Concello Chairego de Guitiriz, e máis concretamente na parroquia de Os Vilares.