miércoles, 8 de abril de 2020

ALBAROQUE

ALBAROQUE

Substantivo masculino.

1. Comida con que se celebra o remate dun traballo ou labor.
Ex: Ao rematar a vendima o patrón deulles un albaroque aos xornaleiros.

2. Comida con que se celebra o peche dun trato, contrato etc.
Ex: Fixeron un albaroque ao pechar o trato da compra.

Sinónimos: corrobra, robra.



PERPONTO

PERPONTO

Substantivo masculino.

Xibón acolchado que se poñía xeralmente debaixo da armadura e servía como protección  e abrigo.

Ex: No museo da historia había varios perpontos de guerreiro.

 

LORIGA

LORIGA

Substantivo feminino.

1. [Historia] Vestimenta defensiva empregada polos guerreiros medievais que consistía nunha cota de malla con forma de túnica.

Ex: O cabaleiro vestiu a loriga por riba po perponto.

2. [Historia] Protección que se lle colocaba ao cabalo de combate.

Ex: A lanza atravesou a loriga do cabalo.



ALMOFRE

ALMOFRE

Substantivo masculino.

Carapucha que tiña a loriga para cubrir a cabeza e o pescozo do guerreiro.

Ex: Alcanzouno por riba do almofre e rompeulle a malla.