GABEAR
Verbo intransitivo.
1. [Animal] Subir por unha árbore, parede, etc., axudándose das patas e agarrándose fortemente coas uñas.
Ex: O esquío gabeaba pola nogueira.
Sinónimos: encarriscas, engatar, gapear.
2. [Persoa] Subir por unha árbore, parede, etc., valéndose dos brazos e das pernas.
Ex: Vímolo gabeando polo castiñeiro arriba.
Sinónimos: encarriscas, engatar, gapear.
3. [Planta] Medrar cara ao alto envolvéndose ou apoiándose nun pau ou noutra cousa.
Ex: As hedras gabeaban polo muro que rodea a casa.
Sinónimos para todas as acepcións: aganchar, agatuñar, arruñar gatear, rubir.
*Observacións: non confundir con GABEXAR.
*Observacións: non confundir con GABEXAR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario