miércoles, 29 de mayo de 2019

FREGANZO

FREGANZO

Substantivo masculino

1. Útil para fregar, de fío de esparto ou outros materiais.

Ex: Emprega o freganzo para que non queden restos de comida na louza.

Sinónimos: Fregador, fregaduxo, estropallo.

2.[Figurado]Persoa ou cousa inútil ou desprezable.

Ex: Estás feito un estropallo.

lunes, 27 de mayo de 2019

CHINEIRO

CHINEIRO


Substantivo masculino.

Moble de dous corpos, o superior con portas de cristal, onde se garda a louza e os demais utensilios para o servizo da mesa.

Ex: Vai ao comedor e cólleme uns pratos e uns garfos do chineiro.




LUCECÚ

LUCECÚ

Substantivo masculino.

(Lampyris noctiluca) Insecto da orde dos coleópteros, do que a femia se asemella a un verme por carecer  de ás e élitros e por ter o abdome de forma alongada, formado por aneis que emiten zuz na escuridade.

Ex: Nas noites de verán cantan os grilos e vense moitos lucecús.

Sinónimos: Bicho do lume, cociñeiro, coco de luz, vagalume, meiga, vella, vella do caldo, vella dos valados, vella facendo as papas, vella facendo o caldo, vella sen dentes, velliña da ceam verme canteiro, verme carpinteiro, verme da luz, verme de luz.

RONSEL

RONSEL

Substantivo masculino.

1. Marca que deixa unha embarcación pola popa.
Ex: O barco ao pasar deixa un ronsel.

2. [Por extensión] Rastro que deixa algo ou alguén que pasa.
Ex: As amizades que alí fixo deixaron fondo ronsel na súa vida. 

FACHENDA

FACHENDA

Substantivo feminino.

Aprecio esaxerado que alguén ten cara a sí mesmo, ás súas calidades ou aos seus intereses.

Ex:Ten moita fachenda porque mercou un coche novo. Con que fachenda fala da súa neta!

Sinónimos:inmodestia, orgullo, borra, chularía,presunción, vaidade, xactancia.

domingo, 19 de mayo de 2019

NARNEXAR

NARNEXAR

Verbo intransitivo.
Falar de xeito nasal, resoando o son polo nariz.
Ex: Narnexaba para imitar a voz nasal doutra persoa.
Sinónimo: fungar.


ZOCHAR

ZOCHAR

Verbo transitivo.

1. Lanzar con forza [algo].
Ex: Non lles zoches tanta area.

2. Dar [algo] de mala gana.
Ex: Zóchalles unhas moedas, que ben chas merecen.

Sinónimos: Aciriscar, cichar, cirichar, zurrichar.

FARNEIRO

FARNEIRO

Substantivo masculino.
Depósito do muíño onde cae a fariña moída.
Ex: A muiñeira colle a fariña do farneiro e énchea en sacas.
Sinónimo: Bradoeiro.



RECALCITRANTE

RECALCITRANTE

Adxectivo.
Que se aferra con enerxía a unha idea ou unha maneira de actuar.
Ex: Era un monárquico recalcitrante.


LARAPETAS

LARAPETAS

Substantivo.
Persoa larapeteira.
Ex: É un larapetas, non lle confíes ningún segredo que o conta todo.
Sinónimos: Bocalán, goleón, laretas, lerchán, lercho, lingoreteiro, linguareiro, papexón, charlatán, falador, falangueiro, paroleiro.


INGUA

INGUA

Substantivo feminino.
Parte do corpo onde se une a coxa co ventre.
Ex: Ten maniotas nas inguas de facer exercicio.
Sinónimo: Virilla. 
Xeito menos recomendábel: Éngoa.


LORCHO

LORCHO

Substantivo masculino.
1. Calzado vello, que xa está deforme.
Ex: Merca outros zapatos e tira eses lorchos.
Sinónimos: galocha, galocho, galorcha, galorcho, chiola.

Zooloxía.
2. Peixe da familia dos blénidos, de tamaño pequeno, corpo cilíndrico ou lixeiramente comprimido, cabeza e ollos grandes e dúas aletas dorsais, do que existen varias especies.
Ex: Vai pescar e sempre trae algún lorchiño.
Sinónimo: Zátaro.



CUÍÑA

CUÍÑA

Substantivo feminino.
Pequena elevación do terreo, de pouca extensión.
Ex: O hotel estaba situado sobre unha cuíña.
Sinónimos: castrelo, cerro, colado, lomba, lombeiro, montículo, outeiro, penela, penelo, touticeira, toutizo, petouto.


ENVORCAR

ENVORCAR

Verbo transitivo.

1. Botar fóra [o contido] virando ou inclinando o recipiente.
Ex: Envorca aí as pedras.
Sinónimos: baleirar, entornar, verter.

2. Poñer boca abaixo ou inclinar[unha cousa].
Ex: Hai que envorar o banco para pintalo.
Sinónimos: Debrocar, virar, entornar.

Verbo intransitivo.

3. [Cousa] dar a volta ou inclinarse.
Ex: O carro envorcou nunha costa arriba.

lunes, 6 de mayo de 2019

COTIFAR

COTIFAR

Sinónimo: cutifar.

Verbo intransitivo.
1. Falar sen parar dicindo cousas sen importancia, pero con intención de amolar a alguén.
Ex: É moi amiga de cotifar coas veciñas.
Sinónimos: latricar, parolar.

2. Falar con outras persoas dun xeito acalorado e  violento por cousas de escasa importancia.
Ex: Bota días enteiros cotifando dese asunto.
Sinónimo: discutir.


Verbo transitivo.
3. Tocar coas mans insistentemente a [unha persoa] contra a súa vontade.
Ex: Tiña sona de cotifar a todo o mundo.
Sinónimo: sobar.

4. Facer forza contra [algo ou alguén] para movelo do sitio.
Ex: Cotifouno e  caeu.
Sinónimos: apuxar, empurrar, empuxar.

HIPÁLAXE

HIPÁLAXE

Substantivo feminino.

Retórica. Figura retórica que consiste en apliacarlle a unha palabra un complemento que se corresponde por lóxica con outra palabra da mesma oración.

Un exemplo de hipálaxe sería: "Ían escuros na noite soa" en vez de "Ían sós na noite escura".

MANIR

MANIR

Verbo pronominal.
[Alimento] Comezar a podrecer.

Ex: A froita se non se come, mánese axiña.

Sinónimos: falmagarse, pasarse.

ENVURULLO

ENVURULLO

Substantivo masculino.

1. Roupa con que se envolve o neno durante os primeiros meses de vida.
Ex: Envolveu o cativo nun envurullo de algodón moi fermoso.

2. Obxecto ou conxunto de obxectos envoltos sen coidado e de calquera maneira.
Ex: Colleu a roupa e levouna nun envurullo.
 Sinónimo: vurullo.


FANANCO

FANANCO

Substantivo masculino.

Herba áspera e dura que pode servir de pasto para o gando.
Ex: As vacas non deron roído o fananco e houbo que segalo.

Sinónimo: panasco.

VERROALLO

VERROALLO

Substantivo masculino.
Cheiro característico de certos animais machos, en particular durante o período de celo.
Ex: Como cheiran ao verroallo os castróns!
Sinónimos: cachaceira, cachaza, verrún.

domingo, 5 de mayo de 2019

BUGALLO

BUGALLO

Substantivo masculino.
Excrecencia arredondada que se forma en certos vexetais debido á infestación de insectos parasitos.
Ex: Os nenos collen bugallos nos carballos para enredaren con eles.
Sinónimos: bailarete, bugalla, bullaca, bullaco, carrabouxa, carrabouxo, coca.

MOINA

MOINA

Substantivo.
Persoa que, baixo unha apariencia inxenua ou humilde, disimula a súa astucia ou malicia.
Ex: Non te fíes del que disque é un moina.

viernes, 3 de mayo de 2019

DESAZO

DESAZO

Substantivo masculino.

Falta de vontade, de interese ou de ánimo para facer algo.

Ex: Non sei a que se debe o seu desazo,
Sinónimos: abatemento, desalento, desánimo.

AZO

AZO

Substantivo masculino.

Forza de vontade para facer algo.
Ex: Se tés azos para facelo, faino.
Sinónimos: alento, ánimo, coraxe, folgo, gonzo.

Observacións: emprégase xeralmente en plural.