COTIFAR
Sinónimo: cutifar.
Verbo intransitivo.
1. Falar sen parar dicindo cousas sen importancia, pero con intención de amolar a alguén.
Ex: É moi amiga de cotifar coas veciñas.
Sinónimos: latricar, parolar.
2. Falar con outras persoas dun xeito acalorado e violento por cousas de escasa importancia.
Ex: Bota días enteiros cotifando dese asunto.
Sinónimo: discutir.
Verbo transitivo.
3. Tocar coas mans insistentemente a [unha persoa] contra a súa vontade.
Ex: Tiña sona de cotifar a todo o mundo.
Sinónimo: sobar.
4. Facer forza contra [algo ou alguén] para movelo do sitio.
Ex: Cotifouno e caeu.
Sinónimos: apuxar, empurrar, empuxar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario