viernes, 14 de junio de 2019

CHAVE


CHAVE

substantivo feminino.

1.Instrumento de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nun fecho para abrilo ou cerralo.
Ex: Perdín as chaves da casa.

2.[figurado]Aquilo que constitúe a explicación dunha cousa que se expresa, o que permite acceder a ela.
Ex: A constancia é a chave do seu éxito. Descubrir a chave do misterio. 
Sinónimo: clave.

3.Aparello que serve para abrir ou cerrar o paso dun fluído por un conduto.
Ex: Abrín a chave da auga
Sinónimo: chave de paso, billa.

4. Peza dun circuíto eléctrico con que se abre ou cerra o paso da corrente.
Ex: Está escuro, non atopo a chave da luz. Sinónimo: interruptor.

5.[figurado]Cousa da que o coñecemento ou a realización son necesarios para poder pasar a outra.
Ex: Esta materia é chave para outra do curso seguinte.

6. Ferramenta que serve para apertar ou afrouxar parafusos ou porcas.
Ex: A chave é moi pequena para este parafuso.

7.[Música]Peza que nalgúns instrumentos musicais de vento serve para pechar ou abrir os buratos por onde sae o aire.
Ex: O óboe pode ter entre dúas e trece chaves.
8. Signo ({}) con que se abrangue na escrita un conxunto de palabras, frases, cifras etc.
Ex: Abrir unha chave.

9. Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, que está fincada no chan a certa distancia e que ten diversas formas segundo as zonas.
Ex: A chave é un xogo que se está recuperando.

10. Peza deste xogo que se finca no chan.
Ex: Non ten puntaría para atinarlle á chave.

11. [Deporte]Medio utilizado por un loitador para inmobilizar ou derrubar o adversario.
Ex: Unha chave de judo.

 Frases e expresións con CHAVE

1."Ama de chaves"

2."Baixo chave
En lugar pechado con chave.
Ex: Na Idade Media os libros adoitaban estar baixo chave para evitar o seu roubo.
Gardou baixo chave a caixa de DVD onde conservaba toda a documentación.

3."Baixo sete chaves" 
Moi ben gardado e seguro.
Ex: Gardou as xoias baixo sete chaves.

4."Botar a chave" 
Fechar.
Ex: Bota a chave cando saias da casa.

5."Chave de acceso" 
[Informática] Código segredo empregado para restrinxir o acceso a un dispositivo ou a un sistema informático aos usuarios autorizados.
Ex: Para entrar na aplicación cómpre introducir a identificación e a chave de acceso. 
Sinónimos: clave de acceso, contrasinal.

6. "Chave de contacto
Dispositivo para activar o circuíto eléctrico dun vehículo, que permite arrincalo e mantelo en marcha.
Ex: Cando reposte combustible, poña a chave de contacto en posición de parada ou retírea.

7. "Chave de paso"
 Chave (acepción 2).
Ex: Non tiñan auga porque estaba pechada a chave de paso.

8 "Chave electrónica"
[Informática] Dispositivo electrónico que amosa códigos e contrasinais que permiten identificar un usuario.
Ex: Precisas unha chave electrónica para levar a cabo as operacións bancarias por Internet.

9. "Chave inglesa"
Ferramenta á que se lle poden graduar as dúas partes que constitúen a cabeza, para suxeitar a peza que se quere apertar ou afrouxar.
Ex: Colle a chave inglesa para afrouxar a porca.

10. "Chave mestra
Chave que abre e cerra todas as pechaduras dun lugar.
Ex: Nos hoteis adoita haber unha chave mestra que abre todos os cuartos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario