miércoles, 23 de octubre de 2019

ARUXO

ARUXO

Substantivo masculino.

Partícula pequena, particularmente a que entra nos ollos ou cae nun líquido.

Ex: Botoulle un aruxo de sal á sopa. A ver se me sacas este aruxo do ollo.

Sinónimos: Argueiro, lixo.


CARRANCHAPERNAS, A

CARRANCHAPERNAS, A

Locución adverbial.

Montado ou sentado sobre algo ou alguén, cunha perna aberta para un lado e a otra para o outro.

Ex: Montou no lombo do avó a carranchapernas.

Sinónimos: a cachapernas, a carranchas, ás carranchapernas, ás carranchas.


ENTALAR

ENTALAR

Verbo transitivo.

1. Facer que quede [unha persoa ou cousa] presa ou oprimida entre dúas cousas, ou nun sitio ou lugar estreito e apertado, de tal xeito que lle impida o movemento ou lle sexa difícil saír.
Ex: Tanto empurraban que os acabaron entalando contra o valado metálico. Entalei os dedos na porta.

2.  [Algo que era flexíbel] Quedar teso pola acción do frío, sol, etc.
Ex: Deixaches a roupa ao clareo e entalou.
Sinónimo: Encoirar.

3. [Corpo, parte do corpo] Quedar sen movemento pola acción do frío.
Ex: Entaloulle un xeonllo coa friaxe.
Sinónimo: Entumecerse.





LEPEAR

LEPEAR

Verbo intransitivo.

Deitar lágrimas.

Ex: Abrazouse á irmá lepeando. Que lle pasará nos ollos que non lle paran de lepear?

Sinónimos: Bagoar, bagoxar, bagullar, chorar, esbagoar, esbagullar, lagrimexar.


miércoles, 9 de octubre de 2019

COUZA

COUZA

Substantivo masculino

1. Larva de insecto da orde dos coleópteros que se alimenta de substancias vexetais, especialmente de madeira.
Ex: A couza atacoulle a varios mobles da casa.
Sinónimos: corta, rela, caruncho, traza, trilla.

2. Po que produce este insecto, despois de dixerir a materia que roeu.
Ex: Varre debaixo da cama que hai couza.
Sinónimos: Corta, rela, caruncho, traza, trilla.

3. Insecto de pequeno tamaño, da orde dos lepidópteros, que na fase de larva produce dano nos tecidos.
Ex: Tes que asollar a roupa do armario que se non vaille entrar a couza.
Sinónimos: Caruncho, traza, trilla.

4. Mancha de cor escura que produce esta larva.
Ex: As sabas estaban cheas de couza.
Sinónimos: caruncho, traza, trilla.