domingo, 31 de mayo de 2020

MECO

MECO

Substantivo masculino.
1. Home luxurioso.
Ex: Era un meco, agora estaba cunha rapaza e ás dúas horas con outra.

2. Boneco que se queima ao acabar o Entroido.
Ex: Queimaron o meco no medio da praza.

3. Verme que se cría na froita, na carne etc.
Ex: As mazás non estaban sas, tiñan moitos mecos
Sinónimos: Becha, becho, bechoco, bicha, bicho, bichoca, bichoco, coca3, coco2, ronco

Substantivo masculino.
1. Palabra, xesto, caricia etc., ditos ou feitos con moita tenrura.
Ex: Esta neniña ten gana de mecos.

2. Trato cariñoso en exceso que se lles dá ás persoas e tamén aos animais, que consiste en coidalas moito, cumprirlles todos os desexos, non levarlles a contra etc.
OBSERVACIÓNS: Úsase normalmente en plural.
Ex: Darlles mecos aos cativos
SINÓNIMOS bado, bioco, meiro, meiró , neitegada.

3. Actitude caprichosa propia da persoa a que se lle dá este trato.
Ex: Tenche moito meco
Sinónimos: Bioco, meiro, meiró, netorría.

Adxectivo.
1. [Persoa] que ten a vista torcida.
Ex: Nunca sei para onde mira porque é meco
Sinónimos: Birollo, estrábico, resgo, trusgo, vesgo.

2. [Persoa] cos ollos moi claros.
Ex: Era louro e de ollos mecos.

3. [Persoa, animal] sen unha orella, as dúas ou parte delas.
Ex: Tiña un can de caza meco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario