SEARA
Substantivo feminino.
1. Campo sementado de trigo ou outros cereais.
Ex: Andan segando o centeo na seara.
2. Monte cavado onde se sementa centeo ou trigo durante un ou máis anos e que logo se volve deixar a monte.
Ex: Están rompendo o monte comunal para facer unha seara.
Sinónimo: Estivada.
3. Extensión de terreo de cultivo en que varios veciños posúen leiras.
Ex: Toda a xente do lugar ten algo se seu nesta seara.
Sinónimo para todas as acepcións: Senra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario