domingo, 31 de mayo de 2020

MECO

MECO

Substantivo masculino.
1. Home luxurioso.
Ex: Era un meco, agora estaba cunha rapaza e ás dúas horas con outra.

2. Boneco que se queima ao acabar o Entroido.
Ex: Queimaron o meco no medio da praza.

3. Verme que se cría na froita, na carne etc.
Ex: As mazás non estaban sas, tiñan moitos mecos
Sinónimos: Becha, becho, bechoco, bicha, bicho, bichoca, bichoco, coca3, coco2, ronco

Substantivo masculino.
1. Palabra, xesto, caricia etc., ditos ou feitos con moita tenrura.
Ex: Esta neniña ten gana de mecos.

2. Trato cariñoso en exceso que se lles dá ás persoas e tamén aos animais, que consiste en coidalas moito, cumprirlles todos os desexos, non levarlles a contra etc.
OBSERVACIÓNS: Úsase normalmente en plural.
Ex: Darlles mecos aos cativos
SINÓNIMOS bado, bioco, meiro, meiró , neitegada.

3. Actitude caprichosa propia da persoa a que se lle dá este trato.
Ex: Tenche moito meco
Sinónimos: Bioco, meiro, meiró, netorría.

Adxectivo.
1. [Persoa] que ten a vista torcida.
Ex: Nunca sei para onde mira porque é meco
Sinónimos: Birollo, estrábico, resgo, trusgo, vesgo.

2. [Persoa] cos ollos moi claros.
Ex: Era louro e de ollos mecos.

3. [Persoa, animal] sen unha orella, as dúas ou parte delas.
Ex: Tiña un can de caza meco.

GOLSAR

GOLSAR

Verbo transitivo.

Lanzar pola boca [algo que estaba no estómago].

Ex: Non lle asentou ben a comida e golsouna.

Tamén absoluto - Ex: Botou a noite golsando

Sinónimos: Devolver, golfar, trousar, vomitar.

PISCO

PISCO


Substantivo masculino.

(Erithacus rubecula) Paxaro da familia dos túrdidos, de cor olivácea nas partes superiores, testa, fazulas, gorxa, papo e peito rubios e ventre abrancazado.

Ex: De pequenos, andabamos na procura de niños de pisco.

Sinónimos: Paifoco, paporroibo, paporrubio.


SEARA

SEARA

Substantivo feminino.

1. Campo sementado de trigo ou outros cereais.
Ex: Andan segando o centeo na seara.

2. Monte cavado onde se sementa centeo ou trigo durante un ou máis anos e que logo se volve deixar a monte.
Ex: Están rompendo o monte comunal para facer unha seara.
Sinónimo: Estivada.

3. Extensión de terreo de cultivo en que varios veciños posúen leiras.
Ex: Toda a xente do lugar ten algo se seu nesta seara.

Sinónimo para todas as acepcións: Senra.

LADAÍÑA

LADAÍÑA

Substantivo feminino.

1. Conxunto de oracións que se lles reza á Virxe e aos santos, invocando o seu nome seguido dunha breve pregaria, para que intercedan ante Deus.

Ex: Despois do rosario rézasnse as ladaíñas.

2. Serie longa e ininterrompida de cousas, nomes, palabras, etc., que se sucenden ou se mencionan ordenadamente.

Ex: Anoxouse e comezou a soltar unha ladaíña de inxurias.

Sinónimos: Rosario, sarta.

miércoles, 8 de abril de 2020

ALBAROQUE

ALBAROQUE

Substantivo masculino.

1. Comida con que se celebra o remate dun traballo ou labor.
Ex: Ao rematar a vendima o patrón deulles un albaroque aos xornaleiros.

2. Comida con que se celebra o peche dun trato, contrato etc.
Ex: Fixeron un albaroque ao pechar o trato da compra.

Sinónimos: corrobra, robra.



PERPONTO

PERPONTO

Substantivo masculino.

Xibón acolchado que se poñía xeralmente debaixo da armadura e servía como protección  e abrigo.

Ex: No museo da historia había varios perpontos de guerreiro.