ALDEAR:
Palabra que se emprega de xeito informal (entre outras?) na parroquia de Os Vilares no concello chairego de Guitiriz, para se referir a reunións en casas de veciños da aldea e, incluso de aldeas do arredor. Preferentemente lévase a cabo despois de cear, e o obxectivo é socializar con amizades e veciñanza entre cafés e outras bebidas, podendo xuntarse tamén durante o día, ao longo da mañá, ou tamén despois do xantar.
Ex: Vou aldear un pouco á casa de tal veciño/a.
Coñeces este costume na túa contorna? Cómo lle chamades? Deixanos un comentario ao respecto para poder seguir enriquecendo o léxico galego...
Nota de Autor: esta verba non está recoñecida de xeito oficial pola RAG.

No hay comentarios:
Publicar un comentario