ESMENDRELLAR
Verbo transitivo.
1. Botar a perder
[unha cousa], desfacéndoa ou tornándoa inservíbel.
Ex: Non lle deixes
andar na radio, que cha esmendrella. Os cativos esmendrellaron os zapatos novos
xogando ao balón.
SINÓNIMOS:
derramar, desgraciar, escangallar, escarallar, estragar.
2. Dar mal trato ou
causar dano físico a [unha persoa ou animal], utilizando a violencia.
Ex: É un bruto, deulle
unha patada ao can e esmendrellouno.
Verbo pronominal
3. Quedar ferido,
ou con algunha parte do corpo lesionada a causa dunha caída, dun golpe, dun
esforzo excesivo etc.
Ex: Esvarou baixando as
escaleiras e esmendrellouse.
FRASES E EXPRESIÓNS: Esmendrellarse coa risa,
esmendrellarse de risa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario