viernes, 7 de junio de 2019

ALFAIA

ALFAIA

Para todas as acepcións, sinónimo: xoia.
Substantivo feminino.

1. Obxecto de adorno persoal, feito con metais ou pedras preciosas.
Ex: Na xoiaría véndense alfaias.

2. [Figurado]. Obra de moito valor polo traballo que ten, por estar feita con materiais valiosos, por ser difícil de atopar outra igual, etc.
Ex: A ponte que caeu considerábase unha alfaia do Románico.

3. [Figurado]. Persoa ou cousa de excelentes calidades.
Ex: Ten un sobriño que é unha alfaia. Ese poema é unha alfaia da literatura galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario