GALDRUMEIRO
Adxectivo.
[Persoa] que come moito e con avidez, sen coidar a limpeza ou as boas formas.
Ex: Se fose tan galdrumeira como dis, non había dicir que non quería comer.
Sinónimos: chapón, comellón, lapadoiras, papón.
Tamén substantivo: a eses galdrumeiro non hai comida que o farte.
Sinónimos: alarbe, chapón, comellón, cumia enchedoiro, lapadoiras, papón, tripeiro.
Nota de edición: Na comarca lucense da Terra Chá, e máis concretamente na parroquia de Os Vilares, no Concello de Guitiriz, emregábase tamén "lanfria" ou "galafate". Lembro que os meus avós as empregaban, a pesares de que non están recollidas pola RAG como sinónimos variantes oficiais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario