APUPO
Substantivo masculino.
1. Manifestación de protesta, desconformidade, burla, desprezo, etc.
Ex: O alcalde sabía que se expoñía aos apupos da oposición por tomar aquela medida.
Sinónimo: apupada.
2. Berro de insulto, burla, etc.
Ex: Os apupos do público asistente eran enxordecedores.
3. Berro con que se persegue un animal daniño para escorrentalo.
Ex: Espantaron o lobo con apupos.
4. (Charonia lampas) Gasterópodo da orde dos monotocardios, de cuncha grande que pode chegar aos vinte e cinco centímetros e forma oblonga, con manchas brancas e castañas.
Ex: Os apupos mediterráneos adoitan ser máis grandes ca os galegos.
Sinónimos: bucina, bucio, buguina, carlou, corno.
5. Cuncha deste molusco desprovista da súa carne e furada pola punta, que serve para facela soar soprando por ela.
Ex: Rompéndolle as primeiras voltas da espira, xa se pode facer soar o apupo.
Sinónimos: bucina, bucio, buguina, corna, corno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario