viernes, 14 de junio de 2019

TRAPELA

TRAPELA, TRAPELO

Adxectivo.

Que trapelea e non garda segredos.
Ex: Nunca me gustou contarlle certas cousas ás persoas trapelas.

Substantivo feminino.

1. Pequena porta ou abertura no piso ou no teito, que comunica unha dependencia da casa con outra dun nivel inferior ou superior, coma a que se empregaba para acceder ao faiado dende o sobrado.
Ex: Antigamente a trapela que daba ás cortes empregábase como retrete ou para botar a varredura.
Sinónimos: trapa, zapón.

2. Trampa para cazar paxaros que se coloca sobre un burato na terra e que consiste nunha caixa cunha tapa de dúas follas que se abren co peso da ave e se pechan ao caer nela.
Ex: Teño unha trapela para cazar perdices.
Sinónimos: ichó.

3. Burato aberto na parte inferior dunha porta para entraren e saíren os gatos ou os cans.
Ex: Non chames polo gato, que xa entrará pola trapela.
Sinónimos: gateira, postigo, poxigo.

4. Trebello para escorrentar os paxaros, que consiste nun pau cunhas aspas na parte superior que fan ruído co vento.
Ex: Imos poñer unha trapela para que non veñan as pegas ao millo.
Sinónimos: andavía, martabela, ruxideira, tarabelo, trécola, viraventos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario