lunes, 26 de agosto de 2019

FUNGUEIRO

FUNGUEIRO

Substantivo masculino.
Cada unha das estacas grosas, curtas e afiadas que se colocan verticalmente polos lados do carro, remolque ou caixa do camión, para que non caia a carga ou para soster os ladrais.

Ex: A carga pasaba por riba dos fungueiros.

Sinónimos: Estadullo, fumeiro, fueiro.







ASAÑAR

ASAÑAR

Verbo transitivo.

1. Causar un sentimento de desgusto e rabia a.
Ex: O que lle dixen asañouno.
Sinónimos: anoxar, enfadar, irritar, amolar.

2. Abandonar un paxaro [o niño, os ovos] por lle andaren neles, por estar continuamente asexándoo etc.
Ex: Non lle toques ao niño, que o pode asañar o paxaro.
Sinónimos: anoxar, enxeitar.

3. Facer que os paxaros abandonen [o niño], en época de cría, por andar remexendo nel, por estar continuamente asexando etc.
Ex: Nunca asañou un niño.

Verbo pronominal.

4. Sentirse moi molesto e enfadado.
Ex: que farei para que non se asañe comigo?
Sinónimos: anoxarse, enfadarse, irritarse.

5. Recibir deleite polo mal que se fai a algo ou alguén.
Ex: asañouse con el todo canto puido.

6. [Ferida] contaminarse con xermes.
Ex: Asañóuselle a chaga da deda por andar con calzado apertado.
Sinónimos: aborrecerse, coller, encetarse, gafarse, infectarse.

7. [Paxaro]Abandonar o niño ou os ovos por lle andaren neles, por estar continuamente asexándoo etc.
Ex: Tantas veces foi ver o niño que se asañou o paxaro.

8*. Facer un corte a xeito de respiro co coitelo na pel da castaña para evitar que esta estoure ao se asar no lume.
Ex: asañou as castañas e asounas no lume.

*Nota de Edición: Esta definición non está recollida na RAG, mais emprégase na comarca lucense da Terra Chá, no Concello de Guitiriz, e na parroquia de Os Vilares.

ENCETAR

ENCETAR

Verbo transitivo.

1. Empezar a cortar ou a gastar de [unha cousa que está enteira].
Ex: Encetou a botella.
Encetou o queixo.

Verbo pronominal.

2. [Ferida] infectarse.
Ex: Encetóuselle a ferida.

Sinónimos: aborrecerse, asañarse, coller, gafarse.




DÚCTIL

DÚCTIL

Adxectivo.

1. [Materia]susceptíbel de adoptar diferentes e variadas formas.
Ex: A plastilina é un material dúctil.

2. [Metal] que pode ser transformado en fíos ou arames.
Ex: o cobre é un material moi dúctil.

3. [Figurado] Doado de moldear, moi sensíbel ás influencias alleas.

Sinónimos: Flexíbel, maleábel, plástico.



INZAR

INZAR

Verbo intransitivo.

1. [Animal, planta] reproducirse rapidamente.
Ex: Os ratos inzan. 
Esta planta inza cada vez máis.
Sinónimo: proliferar.

Verbo transitivo.

2. Estenderse, espallarse ou aparecer en gran cantidade insectos, plantas ou calquera outra cousa prexudicial pola superficie de.

Ex: As silvas inzaban a corredoira.
O escarabello inzou as patacas.

Sinónimos: infestar, invadir.


Verbo pronominal.

3. Cubrirse ou encherse de algo, polo xeral, prexudicial.

Ex: Inzóuselle a cabeza de piollos.
Os campos abandonados fóronse inzando de toxos.

Sinónimo: infestarse.




ARRÓ

ARRÓ

Substantivo masculino.

1. Franxa de terreo sen cultivar que hai no extremo dunha terra de labor e que serve para pasar por ela, de lindeiro coa outra leira, ou para que paza o gando.

Ex: Está segando a herba do arró.

2. Franxa de terreo a campo na  beira dun río.

Ex: A xugada mete as mans no arró do río xemendo.

Sinónimos: Arredol, arroleiro, beiral, colado, comareiro, cómaro, cómbaro, magote, roleiro, toutizo.




FATO

FATO

Substantivo masculino.

1. Conxunto de animais, particularmente gando, persoas ou cousas.
Ex: Un fato de bois, un fato de homes e un fato de canas.

Sinónimos: Fatado, grea, manda, rabaño, grupo, feixe.


Adxectivo.

1. Que ten ou amosa pouca intelixencia.
Ex: Nunca vin home tan fato coma el.

2. Que se deixa enganar facilmente ou non sabe sacar proveito dunha situación.
Ex: Fuches ben fata en non lle querer os cartos.

3. Que resulta molesto, inoportuno, etc.
Ex: Foi esborrexer dunha maneira ben fata.

Sinónimos: Parvo, necio, estúpido, idiota.



FIEITO

FIEITO

Substantivo masculino.

1. Planta da que existen distintas especies pertencentes a unha mesma clase, caracterizada por ter follas longas e segmentadas, carecer de flores, ter xeralmente o talo subterráneo e ser propia de lugares húmidos e frescos.

Ex: Na fraga hai moitas variedades de fieitos e de cogomelos.

2. Varidedade máis común das plantas desta clase, que ten talo aéreo.

Ex: Os fieitos secos empregábanse tradicionalmente para chamuscar ao porco.

Sinónimos: Fento, felgo, fenta, fieita, folgueira.

Observacións: En moitos lugares de Galiza emprégase a diferenza de xénero (fento, fieito fronte a fenta, fieita) para denominar variedades distintas.



ESGADUÑAR(SE)

ESGADUÑAR(SE)

Verbo transitivo.

1. Causar rascadelas naparte externa de [algo], pola acción dunha cousa afiada especialmente as unllas.

Ex: O gato esgaduñou o sofá.

2. Causar feridas superficiais na pel [dun ser vivo] pola acción dunha cousa afiada, especialmente as unllas.

Ex: Esgaduñoume sen querer.


Verbo pronominal

3. [Ser vivo] Sufrir feridas na pel, producidas por unha cousa afiada,

Ex: Caeu nas silvas e esgaduñouse todo.

Sinónimos: carpir, gaduñar(se), garduñar(se), rabuñar(se).


ESGAZAR

ESGAZAR

Verbo transitivo.

1. Romper [unha póla] producindo unha rotura irregular.

Ex: O vento esgazou as pólas do castiñeiro.

2. Rachar [un tecido ou algo similar] producindo unha rotura irregular.

Ex: A nena esgazou a saia xogando.
Tamén esgazou a orella.


Verbo intransitivo

3.[Tecido ou algo similar] Rachar producindo unha rotura irregular.

Ex: A tea estaba moi gastada e esgazou ao tirar por ela.

4. [Póla] Romper producindo unha rotura irregular.

Ex: A póla esgazou co vento.

Sinónimo: esgallar.




PINGÜE

PINGÜE

Adxectivo

[Cousa] en abundancia ou en gran cantidade.

Ex: Un xantar pingüe.
Obtivo pingües beneficios e favores.

Sinónimos: abundante, copioso, cuantioso, grande, abondoso.



ESTRUGA

ESTRUGA

Substantivo feminino.

1. [Zooloxía](Torpedo marmorata) Peixe da familia dos torpedínidos, coa parte superior do disco cor castaña con pintas brancas e a parte inferior tirando a branca cunha orla negra sobre o bordo.

Ex: A estruga produce descargas eléctricas.

Sinónimo: ortiga.

2. [Botánica] Planta herbácea comestíbel da familia das urticáceas, da que existen diferentes especies que se caracterizan por ter o tal e follas cubertos de pelos urticantes e flores en acio, que ao contacto coa pel produce proído e ampolas.

Ex: As estrugas danse ben entre as ruínas.

Sinónimos: ortiga, ortigón, herba do cego.



ESTRIGA

ESTRIGA

Substantivo feminino.

1. Feixe pequeno de liño.

Ex: Despois de restrelar o liño poñíano en estrigas.

2. Porción de liño que se pon na roca para fiar.

Ex: As estrigas, para que dean na espadela, cómpre que estean quentes.

Sinónimos: manela, rocada.


ESTIÑAR

ESTIÑAR

Verbo intransitivo.

1. Deixar de manar ou de producir un líquido.

Ex: Estiñaron as fontes.
A ferida xa non sangra, estiñou.
A vaca estiñou e non da leite.

Sinónimos: agostar, estañar, secar.

2. Parar de chover.

Ex: Leva xa uns días chovendo, a ver se estiña dunha vez.

Sinónimos: amizar, delampar, escampar, estear.


XAORA

XAORA

Adverbio.

Claro, por suposto.

Ex: -Gústache o chocolate? -Xaora que si!
Estiven toda a tarde traballando e, xaora, non puiden ter a cea preparada a tempo.




ENTANGUECER

ENTANGUECER

Verbo intransitivo.
Quedar entumecido a causa do frío.

Ex: A pesar de ir todo abrigado entangueceu.

Sinónimos:arrecer, aterecer, entalar.