martes, 19 de noviembre de 2019

CRIBA

CRIBA

Substantivo feminino.

Instrumento formado por unha caixa circular cun fondo de coiro con furados ou unha rede de metal de malla máis ou menos fina, que se emprega para cribar certas sementes, como o trigo, chícharos, millo, fabas, etc., limpándoas daquelas partículas máis grosas que interesa separar.

Ex: Súa avoa cribou o millo cunha criba.

Sinónimos: zaranda, peneira, baruto, bordel, xirgo.

Observacións: nalgúns lugares o cribo diferénciase da criba segundo o tamaño da caixa, dos buratos ou polo grosor da malla, dependendo do uso ao que se destine.

Resultado de imaxes para criba
Resultado de imaxes para criba

No hay comentarios:

Publicar un comentario