martes, 3 de diciembre de 2019

SAMESUGA

SAMESUGA

Substantivo feminino.
1. (hirudo medicinalis) Verme do tipo dos anélidos, de cor escura, co corpo cilíndrico algo aplanado e provisto dunha ventosa en cada extremo, que vive na auga doce e se adhire á pel dos animais ou persoas para zugarlles o sangue.
Ex: Saíu do regato coas pernas cheas de samesugas.
Sinónimos: Becha, bicha, sambesuga.

2. [Figurado] Persoa que se aproveita doutras vivindo a conta delas ou quitándolles o diñeiro pouco a pouco.
Ex: o cacique era a samesuga que lle roubaba o froito do seu mísero traballo.
Sinónimos: Sambesuga.


No hay comentarios:

Publicar un comentario