CARAVILLA
Substantivo feminino.
1. Pecho que consiste nun gancho metálico que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira que serve para fechar portas, ventás, tapas, etc...
Ex: Rompeu a caravilla da cancela do xardín.
Sinónimos: cavilla, pechadura.
2. [Música] Peza dun instrumento na que se envolven os extremos das cordas para tensalas máis ou menos.
Ex: Dálle outra volta á caravilla para tensar a corda.
Frases e expresións con CARAVILLA:
"Apertarlle a alguén as caravillas": Esixir algo de alguén exercendo presión.
Ex: os gobernos íanlle apertando as caravillas á poboación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario