GRÁVIDA, GRÁVIDO
GRÁVIDA
Adxectivo feminino.
1. [Muller] que está en período de xestación.
Observacións: É palabra de uso culto.
Ex: A súa muller está grávida de seis meses.
Sinónimos: Encinta, preñada, preñe, xestante, embarazada.
Tamén substantivo feminino:
Ex: As grávidas asistían ao curso de preparación ao parto.
Adxectivo.(grávida/grávido)
2. Que resulta pesado pola carga que soporta.
3. [Literario] Que está cheo ou repleto.
Ex: Un silencio grávido de emoción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario