jueves, 16 de enero de 2020

PÍA

PÍA

Substantivo masculino.

1. Recipente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños segundo o uso que se lle dá.
Ex: Encheulles a pía os porcos. A pía do bautizo, a pía da auga bieita.
Sinónimos: bacía, bacieiro, bacío, barquela, conco, cunco, maseira, maseiro, barcal.

2. Burato onde se apoia o mastro das embarcacións.
Ex: Un anaco do mastro que rompeu quedou na pía.

3. Peza de seixo ou metal que vai encaixada na mesa do muíño e que permite que o ovo vire sobre dela.
Ex: Unha pía de bronce dura moitos anos.
Sinónimos: ra, xoga.

Substantivo feminino.

1. Conxunto de cousas postas unhas enriba das outras, ou cantidade de calquera cousa agrupada fromando un monte.
Ex: Mira que pía de esterco ten detrás da corte!
Sinónimos: montón, morea.

2. [Coloquial] Gran cantidade ou número de algo.
Ex: Ten unha pía de exercicios para facer.
Sinónimos: montón, morea.

Substantivo feminino.

Inclinación que se ten cara a unha persoa ou cousa.
Ex: Tenlle moita ía á sobriña máis vella.
Sinónimo: apego.

Adxectivo.

1. Que ten ou manifesta sentimentos de devoción e respecto por Deus e as cousas da relixión.
Ex: A súa sempre foi unha familia moi pía.
Sinónimos: devoto, piadoso.
2. [Persoa] que ten inclinación a sentir caridade e a practicala.
Ex: Débelles a vida ás pías monxiñas do convento.
Sinónimo:  caritativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario