sábado, 20 de abril de 2019

ADIVAL

ADIVAL

Substantivo masculino.

Corda longa e grosa que se usa para suxeitar a carga do carro ou dun remolque.
Ex: Ata ben o adival para que non caia a palla.
Sinónimos: Cabestro, liame, luria, rello, sedeño, treixa, trel.


CÓMBARO

CÓMBARO

Substantivo masculino.

Franxa de terreo sen cultivar que bordea unha leira.
Ex: Descansaron un pouco no cómbaro e volveron ao labor.
Sinónimos: arredor, arró, arroleiro, beiral, colado, cómaro, comareiro, magote, roleiro, tourizo, derrega, derrego, linde, lindeiro.


SOLAINA

SOLAINA

Substantivo feminino.

Corredor ou balcón exterior, con varanda ou galería, orientado de xeito que lle dá o sol gran parte do día.
Ex: Pasa as tardes na solaina, ao sol do outono.


SOBEIRA

SOBEIRA

Substantivo feminino.

1. Pequena construción, ao lado da casa, con paredes e tellado ou só tellado, onde se gardan o carro, os apeiros de labranza, as ferramentas, os froitos, a herba seca, a leña etc.
Ex: Foi buscar un brazado de leña á sobeira.
Sinónimos: alboio, alpendre, cabanel, caustra, chapitel, cuberto, pendello.

2. Sobrepena.
Ex: O vento moveu algunhas tellas da sobeira.

3. Corredor que, en determinadas casas tradicionais, separaba a vivenda das cortes.
Ex: Pousou o feixe de herba na sobeira.


SUBTERFUXIO

SUBTERFUXIO

Substantivo masculino.
Medio hábil e artificioso para saír dunha dificultade ou dunha situación embarazosa.
Ex: Era propio del recorrer a subterfuxios. Serviuse dun subterfuxio.


GABEXAR

GABEXAR

Verbo intransitivo.
Realizar tarefas ou traballos de pouca importancia que non requiren moito esforzo.
Ex: Pasou a mañá gabexando pola horta. Está gabexando no faiado para odenalo un pouco.

*Observacións: non confundir con GABEAR.

GABEAR

GABEAR


Verbo intransitivo.
1. [Animal] Subir por unha árbore, parede, etc., axudándose das patas e agarrándose fortemente coas uñas.
Ex: O esquío gabeaba pola nogueira.
Sinónimos: encarriscas, engatar, gapear.

2. [Persoa] Subir por unha árbore, parede, etc., valéndose dos brazos e das pernas.
Ex: Vímolo gabeando polo castiñeiro arriba.
Sinónimos: encarriscas, engatar, gapear.

3. [Planta] Medrar cara ao alto envolvéndose ou apoiándose nun pau ou noutra cousa.
Ex: As hedras gabeaban polo muro que rodea a casa.

Sinónimos para todas as acepcións: aganchar, agatuñar, arruñar gatear, rubir.

*Observacións: non confundir con GABEXAR.







TRIPAR

TRIPAR

Verbo substantivo.
1. Pisar moito unha cousa cos pés.
Ex: Tiña un terreo sementado e tripáronllo todo os rapaces. Moitos camiños teñen tripado os seus pés de bagabundo.

Verbo intransitivo.
2. Pisar con violencia.
Ex: Os cativos tripaban nas pozas. Os cabalos tripan pola estrada.

Sinónimo: Trepar.(Observacións: o uso deste verbo co significado de gabear, rubir é incorrecto.)




CARRAXE

CARRAXE

Substantivo feminino.
Profunda irritación do ánimo producida por algún suceso adverso.
Ex: Está cegado pola carraxe. Actúa movido pola carraxe.
Sinónimos: rabia, cólera, furor, ira, irritación.

AFOUTEZA

AFOUTEZA

Substantivo feminino.
1. Seguridade que alguén ten e sí mesmo, carácter firme.
Ex: Ergueuse e respondeulles con afouteza.
Sinónimos: decisión e enerxía.
2. Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera acto sen temor aos perigos ou dificultades.
Ex: A afouteza do heroe non coñecía límites.
Sinónimos: Animosidade, audacia, denodo, ousadía, valor, temerridade.




martes, 16 de abril de 2019

LABAZA

LABAZA



Substantivo feminino.
1. (Rumex pulcher) Planta herbácea da familia das poligonáceas, de talo xeralmente deitado que pode chegar a sesenta centímetros, follas aveludadas anchas e grandes e raíz grosa, que inza moito e é mala de erradicar.
Sinónimo: lampaza.
Ex: Estivo arrincando as labazas que naceran entre as fabas.
2. Brizo.
Ex: Á beira dos regatos hai moitas labazas.


LEILÁN

LEILÁN


Adxectivo.
Que leva unha vida viciosa, descoidando as súas obrigas e o seu propio aspecto.
Ex: Este rapaz é moi leilán, bota todo o día de troula e non fai nada.
Substantivo. Ninguén o aprecia na vila porque é un leilán.
Frases e expresións con leilán:
Andar ao leilán: Andar dun sitio para outro.
Ex: Xa leva unha temporada andando ao leilán.

PORÉN

PORÉN

Conxunción.
Introduce unha oposición ou puntualización a algo que se dixo anteriormente.
Sinónimos: así a todo, así e todo, con todo, emporiso, no entanto, non obstante, secasí.
Frases e ditos: Aínda ten que facer moita rehabilitación, mais, porén, non perde os ánimos.

domingo, 14 de abril de 2019

TARRELO

TARRELO

1. Substantivo masculino.
(Taraxacum officinale) Planta silverstre de follas basais anchas e divididas en lobos triangulares e talo rexo e ergueito rematado nunha flor amarela, que ten propiedades diuréticas, e deita un látex branco ao cortala.
Sinónimos: carrelo, leitarega, leitaruga, leituga, mexacán, paciporca.
Frases e expresións: Fixo un preparado coas raíces do tarrelo.

2. Adxetivo.
Persoa ou pranta de escasa altura.
Sinónimo: Chaparro.
Frases e expresións: Non permito que me ameace así un tarrelo coma tí.


XERGÓN

XERGÓN


Substantivo masculino.
Colchón feito cunha funda chea de follas, herba, etc.
Sinónimo: almadraque.
Frases e expresións: Botaba o xergón enriba dun banco e alí durmía.


AMALLÓ

AMALLÓ


Substantivo masculino.
Cordón ou tira de coiro ou doutro material, que se usa para atar o calzado ou para suxeitar algo.
Sinónimos: agulleta, amarradoira.
Frases e expresións: Os amallós dos zocos son de coiro.
O manlle componse de dúas pezas unidas por amallós.


LIMPEIRO

LIMPEIRO

Substantivo masculino.
Tea grosa semellante a unha manta ou saba que se estende no chan para recoller o gran.
Ex: Algúns grans sempre caen fóra do limpeiro.


VINCALLO

VINCALLO

Substantivo masculino.
1. Atadura de palla ou xunco para atar feixes.
Ex: Ía dertás dos segadores atando os mollos cun vincallo.
Sinónimos: vencella, viorta, viorto.

2. atadura de pólas retorcidas de carballo, bidueiro,etc., para unir ou enganchar dúas cousas.
Ao vincallo dunha cancela tamén se lle chama estrobo.
EX: O caínzo de achandar a terra suxéitase cun vincallo.
Sinónimos: corriza, costrán, grañoa, verga.

RANQUEIRO

RANQUEIRO

Substantivo masculino.

1. Apeiro que consta dun mango de pau e dous dentes de ferro longos, que ten diversos usos.
Ex: Tirou o esterco das cortes co ranqueiro.
Sinónimos: cavón, gadaño, gancha, guincha, picaña, picaño, rancallo, raño.
Ex: Espicañou a terra co ranqueiro.

2. Pau en forma de gallo, que se coloca na parte dianteira do carro, entre a cabezalla e o chedeiro. Rangueiro.
EX: Non botes a leña tan encima do ranqueiro.
Sinónimos: Acicarro, boeira, cabrita, caadeixo, cambón, cambona, canga, cangalleira, forcado, fungueira, galleiro, gardabois, rengueiro.

ALFAIATE

ALFAIATE

Substantivo masculino.

Persoa que se dedica a confeccionar roupa para homes.
O gremio dos alfaiates tivo moita importancia na Idade Media. 
Ex: Alfaiate sen dedal, cose pouco e iso mal.

Sinónimo: xastre.


viernes, 12 de abril de 2019

ALICERCE


ALICERCE

substantivo masculino
1.Parte inferior dunha construción, xeralmente situada baixo a superficie da terra, que a sostén soportando o seu peso.
Ex: Un edificio con sólidos alicerces.
OBSERVACIÓNS: Neste sentido úsase xeralmente en plural
2. Asento, base, parte máis baixa e profunda.
Ex: Os alicerces da serra.
3. figurado. Principio sobre o que se apoia unha idea, unha teoría etc.
Ex: O seu libro é o alicerce do nacionalismo.
PARA TODAS AS ACEPCIÓNS SINÓNIMOS: base, cimento, fundamento.

miércoles, 10 de abril de 2019

MEIXÓN

MEIXÓN

Substantivo masculino.
Cría da anguía.


ESMENDRELLAR

ESMENDRELLAR

Verbo transitivo.
1. Botar a perder [unha cousa], desfacéndoa ou tornándoa inservíbel.
Ex: Non lle deixes andar na radio, que cha esmendrella. Os cativos esmendrellaron os zapatos novos xogando ao balón.
SINÓNIMOS: derramar, desgraciar, escangallar, escarallar, estragar.
2. Dar mal trato ou causar dano físico a [unha persoa ou animal], utilizando a violencia.
Ex: É un bruto, deulle unha patada ao can e esmendrellouno.
Verbo pronominal
3. Quedar ferido, ou con algunha parte do corpo lesionada a causa dunha caída, dun golpe, dun esforzo excesivo etc.
Ex: Esvarou baixando as escaleiras e esmendrellouse.


 FRASES E EXPRESIÓNS: Esmendrellarse coa risa, esmendrellarse de risa.