sábado, 14 de diciembre de 2019

TRUCAR

TRUCAR

Verbo intransitivo.

1. Dar golpes coa cabeza un animal con cornos como boi, carneiro, etc.
Ex: Coidado co carneiro porque truca.
Sinónimos: Turrar, *coturrar, cornear, escornar, escornear, romar.

2. [Por extensión] Golpear coa cabeza contra algo.
Ex: A nena caeu e trucou contra a parede.
Sinónimo: turrar

Verbo transitivo.

1. Alterar [unha cousa] intruducindo algún cambio ou algunha característica que non lle é propia, para acadar un obxectivo.
Ex: Acusáronos de trucar as votacións. Trucaron a ruleta.

2. Manipular [unha imaxe cinematográfica ou fotografía] para conseguir un efecto visual ou sonoro diferente do real.
Ex: Para a película trucaron as secuencias da destrución de edificios.

3. Modificar [Un vehículo ou parte del] para darlle unha potencia superior.

Ex: Trucaron o coche nada máis mercalo.

*NOTA: Aínda que a RAG non a recolle de xeito oficial, emprégase no Concello lucense de Guitiriz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario