PÍO
Substantivo masculino.
Pía grande xeralmente de pedra.
Ex: O lagar ten un pío onde se esmagan as uvas.
Adxectivo.
1. Que ten ou manifesta sentimentos de devoción e respecto por Deus e as cousas da relixión.
Ex: A de Lois sempre foi unha familia moi pía.
Sinónimos: devoto, piadoso.
2. [Persoa] Que ten inclinación a sentir caridade e practicala.
Ex: Débelles a vida ás pías monxiñas do convento de San Xerome.
Sinónimo: caritativo.
Substantivo masculino.
Son que producen as crías de calquera ave e os paxaros.
Ex. Os pitiños daban píos coa fame.
Sinónimos: Chirlo, pirlón, chío.
No hay comentarios:
Publicar un comentario