jueves, 16 de enero de 2020

CERRULO

CERRULO

Substantivo masculino.

Can pequeno, pola súa raza ou por ser aínda un cachorro.

Ex: A ese cerrulo non lle ten medo ninguén.

Sinónimos: Cadelo, cuzo, zarrulo (xeito menos recomendábel).




PÍA

PÍA

Substantivo masculino.

1. Recipente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños segundo o uso que se lle dá.
Ex: Encheulles a pía os porcos. A pía do bautizo, a pía da auga bieita.
Sinónimos: bacía, bacieiro, bacío, barquela, conco, cunco, maseira, maseiro, barcal.

2. Burato onde se apoia o mastro das embarcacións.
Ex: Un anaco do mastro que rompeu quedou na pía.

3. Peza de seixo ou metal que vai encaixada na mesa do muíño e que permite que o ovo vire sobre dela.
Ex: Unha pía de bronce dura moitos anos.
Sinónimos: ra, xoga.

Substantivo feminino.

1. Conxunto de cousas postas unhas enriba das outras, ou cantidade de calquera cousa agrupada fromando un monte.
Ex: Mira que pía de esterco ten detrás da corte!
Sinónimos: montón, morea.

2. [Coloquial] Gran cantidade ou número de algo.
Ex: Ten unha pía de exercicios para facer.
Sinónimos: montón, morea.

Substantivo feminino.

Inclinación que se ten cara a unha persoa ou cousa.
Ex: Tenlle moita ía á sobriña máis vella.
Sinónimo: apego.

Adxectivo.

1. Que ten ou manifesta sentimentos de devoción e respecto por Deus e as cousas da relixión.
Ex: A súa sempre foi unha familia moi pía.
Sinónimos: devoto, piadoso.
2. [Persoa] que ten inclinación a sentir caridade e a practicala.
Ex: Débelles a vida ás pías monxiñas do convento.
Sinónimo:  caritativo.

FOLLADO

FOLLADO

Substantivo masculino.

1. Masa utilizada en repostaría e cociña, que se elabora con fariña e manteiga e que coa calor do forno se converte nun conxunto de follas finas, superpostas unhas ás outras.

Ex: Encarguei na confeitaría unha torta de follado e nata para o meu aniversario. Fixo a empanada con masa de follado.

2. Filloa grosa.

Ex: Gustábanlle os follados que facía súa tía Carme.


jueves, 9 de enero de 2020

PÍO

PÍO

Substantivo masculino.
Pía grande xeralmente de pedra.
Ex: O lagar ten un pío onde se esmagan as uvas.

Adxectivo.
1. Que ten ou manifesta sentimentos de devoción e respecto por Deus e as cousas da relixión.
Ex: A de Lois sempre foi unha familia moi pía.
Sinónimos: devoto, piadoso.
2. [Persoa] Que ten inclinación a sentir caridade e practicala.
Ex: Débelles a vida ás pías monxiñas do convento de San Xerome.
Sinónimo: caritativo.

Substantivo masculino.
Son que producen as crías de calquera ave e os paxaros.
Ex. Os pitiños daban píos coa fame.
Sinónimos: Chirlo, pirlón, chío.