sábado, 14 de diciembre de 2019

TRUCAR

TRUCAR

Verbo intransitivo.

1. Dar golpes coa cabeza un animal con cornos como boi, carneiro, etc.
Ex: Coidado co carneiro porque truca.
Sinónimos: Turrar, *coturrar, cornear, escornar, escornear, romar.

2. [Por extensión] Golpear coa cabeza contra algo.
Ex: A nena caeu e trucou contra a parede.
Sinónimo: turrar

Verbo transitivo.

1. Alterar [unha cousa] intruducindo algún cambio ou algunha característica que non lle é propia, para acadar un obxectivo.
Ex: Acusáronos de trucar as votacións. Trucaron a ruleta.

2. Manipular [unha imaxe cinematográfica ou fotografía] para conseguir un efecto visual ou sonoro diferente do real.
Ex: Para a película trucaron as secuencias da destrución de edificios.

3. Modificar [Un vehículo ou parte del] para darlle unha potencia superior.

Ex: Trucaron o coche nada máis mercalo.

*NOTA: Aínda que a RAG non a recolle de xeito oficial, emprégase no Concello lucense de Guitiriz.

jueves, 5 de diciembre de 2019

GRÁVIDA, GRÁVIDO

GRÁVIDA, GRÁVIDO

GRÁVIDA
Adxectivo feminino.

1. [Muller] que está en período de xestación.
Observacións: É palabra de uso culto.
Ex: A súa muller está grávida de seis meses.
Sinónimos: Encinta, preñada, preñe, xestante, embarazada.

Tamén substantivo feminino: 
Ex: As grávidas asistían ao curso de preparación ao parto.

Adxectivo.(grávida/grávido)

2. Que resulta pesado pola carga que soporta.
3. [Literario] Que está cheo ou repleto.
Ex: Un silencio grávido de emoción.










CARAVILLA

CARAVILLA

Substantivo feminino.

1. Pecho que consiste nun gancho metálico que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira que serve para fechar portas, ventás, tapas, etc...
Ex: Rompeu a caravilla da cancela do xardín.
Sinónimos: cavilla, pechadura.

2. [Música] Peza dun instrumento na que se envolven os extremos das cordas para tensalas máis ou menos.
Ex: Dálle outra volta á caravilla para tensar a corda.

Frases e expresións con CARAVILLA:

"Apertarlle a alguén as caravillas": Esixir algo de alguén exercendo presión.

Ex: os gobernos íanlle apertando as caravillas á poboación.




  

FERROLLO

FERROLLO

Substantivo masculino

1. Aparello composto principalmente por unha barra de ferro que serve para pechar portas, ventás, etc...
Ex: Botoulle o ferrollo á porta.
Sinónimos: pasador, cavilla, fecho, martabela, pechadura, peche, pecho, tarabelo.

2. Ollo da fechadura.
Ex: Deixa de mirar polo ferrollo!


DIÁSPORA

DIÁSPORA

Substantivo feminino.

1. [historia] Dispersión das comunidades xudías polo mundo, sufrida ao longo dos séculos.
Ex: A diáspora hebrea trala creación do Estado de Israel.

2. [Por extensión] Dispersión que sofre unha etnia, pobo ou comunidade, por motivos políticos, relixiosos, etc...
Ex: Os escritores galegos da diáspora.

martes, 3 de diciembre de 2019

SAMESUGA

SAMESUGA

Substantivo feminino.
1. (hirudo medicinalis) Verme do tipo dos anélidos, de cor escura, co corpo cilíndrico algo aplanado e provisto dunha ventosa en cada extremo, que vive na auga doce e se adhire á pel dos animais ou persoas para zugarlles o sangue.
Ex: Saíu do regato coas pernas cheas de samesugas.
Sinónimos: Becha, bicha, sambesuga.

2. [Figurado] Persoa que se aproveita doutras vivindo a conta delas ou quitándolles o diñeiro pouco a pouco.
Ex: o cacique era a samesuga que lle roubaba o froito do seu mísero traballo.
Sinónimos: Sambesuga.