lunes, 17 de junio de 2019

FREITA

FREITA

Substantivo feminino.

1. Corremento de  terras, provocado pola chuvia ou outro fenómeno.
Ex: As chuvias dos últimos días provocaron numerosas freitas.
Sinónimo: léveda.

2. Barranco ou fenda no terreo.
Ex: Ríos que se esfragan polas freitas.


PORFIAR

PORFIAR

Verbo intransitivo.
1. Discutir obstinadamente.
Ex: como non estaban de acordo, comezaron a porfiar.
Sinónimo: litigar.

2. [Porfiar en] Insistir de xeito obstinado.
Ex: Porfiaba en que lle tiña que devolver o maletín do seu irmán.
Sinónimos: Afincarse, fincarse, perseverar, persistir, teimar, gurrar, turrar.

ALFÁNDEGA

ALFÁNDEGA

Substantivo feminino.

Oficina pública situada xeralmente nas fronteiras, nos portos ou nos aeroportos, para rexistrar e cobrar impostos por certos produtos que se importan e exportan.
Ex: Tiven que pagar na alfándega para pasalo.
Sinónimo: aduana.

ALMOFÍA

ALMOFÍA

Substantivo feminino.

Recipiente en forma de cuncam máis ancho ca fondo, que se emprega xeralmente para lavarse.
Ex: Vai buscar unha xerra de auga para encher a almofía.

Xeito menos recomendábel: palangana.


AQUELOUTRAR

AQUELOUTRAR

Verbo transitivo.

1. Causar enfado ou facer qu [alguén] perda a súa serenidade ou tranquilidade.
Ex: Aqueloutrouno coas súas falcatruadas.

2. Aquelar.
Ex: É difícil aqueloutrar un cociñeiro. Están aqueloutrando o aparello.
[tamén absoluto] Aqueloutraban máis ca nós.


NORA

NORA

Substantivo feminino.

1. Aparello para tirar auga de pozos, ríos etc., coposto dunha roda que, ao facela virar, move uns recipientes de mdeira que baixan baleiros e soben cheos.
Ex: A nora dese pozo xa che ten ben anos.

2. Emxeño mecánico que consiste nunha roda de gran tamaño que   xira verticalente, á que van suxeitos unha especie de caixóns con asentos, e que se emprega como diversión en verbenas e parques de atraccións.
Ex: Non vou na nora que me mareo.

3. Muller do fillo ou da filla respecto dos pais do cónxuxe.
Ex: O outro día atopei a nora de Xosé.
Sinónimo: Filla política.

Para tódalas acecpcións, xeito menos recomendábel: noria.


viernes, 14 de junio de 2019

CHAVE


CHAVE

substantivo feminino.

1.Instrumento de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nun fecho para abrilo ou cerralo.
Ex: Perdín as chaves da casa.

2.[figurado]Aquilo que constitúe a explicación dunha cousa que se expresa, o que permite acceder a ela.
Ex: A constancia é a chave do seu éxito. Descubrir a chave do misterio. 
Sinónimo: clave.

3.Aparello que serve para abrir ou cerrar o paso dun fluído por un conduto.
Ex: Abrín a chave da auga
Sinónimo: chave de paso, billa.

4. Peza dun circuíto eléctrico con que se abre ou cerra o paso da corrente.
Ex: Está escuro, non atopo a chave da luz. Sinónimo: interruptor.

5.[figurado]Cousa da que o coñecemento ou a realización son necesarios para poder pasar a outra.
Ex: Esta materia é chave para outra do curso seguinte.

6. Ferramenta que serve para apertar ou afrouxar parafusos ou porcas.
Ex: A chave é moi pequena para este parafuso.

7.[Música]Peza que nalgúns instrumentos musicais de vento serve para pechar ou abrir os buratos por onde sae o aire.
Ex: O óboe pode ter entre dúas e trece chaves.
8. Signo ({}) con que se abrangue na escrita un conxunto de palabras, frases, cifras etc.
Ex: Abrir unha chave.

9. Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, que está fincada no chan a certa distancia e que ten diversas formas segundo as zonas.
Ex: A chave é un xogo que se está recuperando.

10. Peza deste xogo que se finca no chan.
Ex: Non ten puntaría para atinarlle á chave.

11. [Deporte]Medio utilizado por un loitador para inmobilizar ou derrubar o adversario.
Ex: Unha chave de judo.

 Frases e expresións con CHAVE

1."Ama de chaves"

2."Baixo chave
En lugar pechado con chave.
Ex: Na Idade Media os libros adoitaban estar baixo chave para evitar o seu roubo.
Gardou baixo chave a caixa de DVD onde conservaba toda a documentación.

3."Baixo sete chaves" 
Moi ben gardado e seguro.
Ex: Gardou as xoias baixo sete chaves.

4."Botar a chave" 
Fechar.
Ex: Bota a chave cando saias da casa.

5."Chave de acceso" 
[Informática] Código segredo empregado para restrinxir o acceso a un dispositivo ou a un sistema informático aos usuarios autorizados.
Ex: Para entrar na aplicación cómpre introducir a identificación e a chave de acceso. 
Sinónimos: clave de acceso, contrasinal.

6. "Chave de contacto
Dispositivo para activar o circuíto eléctrico dun vehículo, que permite arrincalo e mantelo en marcha.
Ex: Cando reposte combustible, poña a chave de contacto en posición de parada ou retírea.

7. "Chave de paso"
 Chave (acepción 2).
Ex: Non tiñan auga porque estaba pechada a chave de paso.

8 "Chave electrónica"
[Informática] Dispositivo electrónico que amosa códigos e contrasinais que permiten identificar un usuario.
Ex: Precisas unha chave electrónica para levar a cabo as operacións bancarias por Internet.

9. "Chave inglesa"
Ferramenta á que se lle poden graduar as dúas partes que constitúen a cabeza, para suxeitar a peza que se quere apertar ou afrouxar.
Ex: Colle a chave inglesa para afrouxar a porca.

10. "Chave mestra
Chave que abre e cerra todas as pechaduras dun lugar.
Ex: Nos hoteis adoita haber unha chave mestra que abre todos os cuartos.

ARREGUIZO

ARREGUIZO

Substantivo masculino.

Ex: Sentín un arreguizo cando vin a cobra.

Sinónimos: Arrepío, calafrío, espanto, horror, chucho, calofrío.


TÚZARO

TÚZARO

1. Substantivo.
Ex: O seu veciño é un túzaro.

2. Adxectivo.
Ex: Que xente máis túzara, nin sequera saúda!

Sinónimos: Cazurro, insociábel, cabezán, cabezón, cabezudo, cachamoulán, cachán, cacholán, carneirán, carneiro, cornán, cornelán, farruco, ferreño, obstinado, porfiado, teimoso, teimudo, testalán, testán, testudo, turrón, contumaz, gurrón, lagarteiro, loubán, pícaro, pillabán, pillo, raposiero, zolado, arteiro, astuto, zamurgo, renarte, insocial, inaccesíbel, bravo, salvaxe, silvestre, apartadizo, arisco, esquivo.

FEDELLO

FEDELLO

Substantivo masculino.

Ex: O seu sobriño é un fedello, non parou en toda a tarde.
Sinónimos: Abelurio, besbello, bulebule, charabiscas, fedellón, fervedoiro, fervellasverzas, fervello, fuxefuxe, bulideiro, inquedo, inquieto, bulicioso, fervedor, formigueiro, axitado.


DEVALO

DEVALO

Substantivo masculino.

Ex: Os que van a pé mariscan durante o devalo.
Sinónimos: Refluxo, baixamar, marea baixa, marea libre.



COTOBELO

COTOBELO

Substantivo masculino.
1.
Ex: Mancou os cotobelos de tanto petar na porta.
Sinónimos: Cotomelo, cotelo, coteno, nocello, noelo, nortello.

2.
Ex: Sentouse a estudar, cos cotobelos fincados na mesa.
Sinónimos: Cotomelo, cóbado.

Nota de edición: De xeito informal, tamén se lle chama así a certo tipo de pasta (macarrón de codo) nalgunhas zonas do sur da provincia de Pontevedra, coma O porriño, Mos, etc...



ENXERGAR

ENXERGAR

Verbo transitivo.

Ex: Enxergou os fuxitivos dende o alto da muralla.
Sinónimos: albiscar, avistar, dexergar, divisar, adiviñar, intuír, presentir, sospeitar, entrever, barruntar.



CARRAÑA

CARRAÑA

Substantivo feminino.

1.
Ex:Ten unha carraña que dá noxo achegarse a el. 
Ex: Leva unha boa capa de carraña nos puños da camisa.
Sinónimos: Cotra, lorda, mafa, morca, morriña, rela.

2. 
Ex: Viña da corte cunhas ovellas cheas de carrañas.
Sinónimos: carola, cascarra, cascarria, cazcarra, cerralla, cigalla, codobela.

3. 
Ex: Asóate, que levas o nariz cheo de carrañas.
Sinónimos: Cascarra, cascarria, cazcarra, cerralla.

4. 
Ex. Lava a cara que aída tes carrañas nos ollos.
Sinónimos: Lagaña, lepa, remela.




SAUDADE

SAUDADE

Substantivo feminino.

Ex: Pensando nela, sufrín as infinitas saudades dun namorado corazón na ausencia.
Sinónimos: Señardade, soidade, morriña, nostalxia.



ARENGA

ARENGA

Substantivo feminino.

1. Discurso solemne, dirixido a un grupo de persoas co obxecto de lles infundir valor e entusiasmo.
Ex: Os soldados escoitaban a arenga do xeneral.
Sinónimo: alocución.

2. [Figurado, familiar] Discurso que enfastía o oínte.
Ex. Marchei axiña porque non había quen aturara aquela arenga.



TRAPELA

TRAPELA, TRAPELO

Adxectivo.

Que trapelea e non garda segredos.
Ex: Nunca me gustou contarlle certas cousas ás persoas trapelas.

Substantivo feminino.

1. Pequena porta ou abertura no piso ou no teito, que comunica unha dependencia da casa con outra dun nivel inferior ou superior, coma a que se empregaba para acceder ao faiado dende o sobrado.
Ex: Antigamente a trapela que daba ás cortes empregábase como retrete ou para botar a varredura.
Sinónimos: trapa, zapón.

2. Trampa para cazar paxaros que se coloca sobre un burato na terra e que consiste nunha caixa cunha tapa de dúas follas que se abren co peso da ave e se pechan ao caer nela.
Ex: Teño unha trapela para cazar perdices.
Sinónimos: ichó.

3. Burato aberto na parte inferior dunha porta para entraren e saíren os gatos ou os cans.
Ex: Non chames polo gato, que xa entrará pola trapela.
Sinónimos: gateira, postigo, poxigo.

4. Trebello para escorrentar os paxaros, que consiste nun pau cunhas aspas na parte superior que fan ruído co vento.
Ex: Imos poñer unha trapela para que non veñan as pegas ao millo.
Sinónimos: andavía, martabela, ruxideira, tarabelo, trécola, viraventos.


viernes, 7 de junio de 2019

DOTE

DOTE

Substantivo masculino.

1. Diñeiro ou bens que levaba unha muller cando casaba ou cando ingresaba nun convento.
Ex: O mellor dote foi para a filla máis nova.

2. Calidade sobresaínte nunha persoa. (Observacións: nesta acepción emprégase xeralmente en plural.)
Ex: Ten grandes dotes de actor.
Sinónimo: aptitude.


ALFAIA

ALFAIA

Para todas as acepcións, sinónimo: xoia.
Substantivo feminino.

1. Obxecto de adorno persoal, feito con metais ou pedras preciosas.
Ex: Na xoiaría véndense alfaias.

2. [Figurado]. Obra de moito valor polo traballo que ten, por estar feita con materiais valiosos, por ser difícil de atopar outra igual, etc.
Ex: A ponte que caeu considerábase unha alfaia do Románico.

3. [Figurado]. Persoa ou cousa de excelentes calidades.
Ex: Ten un sobriño que é unha alfaia. Ese poema é unha alfaia da literatura galega.

ALFERGA

ALFERGA

Substantivo feminino.
Utensilio que se pon na punta do dedo para empuxar a agulla ao coser, e que pode estar ou non cerrado por riba.
Ex: Os xastres empregan alfergas.
Sinónimo: dedal.


DETURPAR

DETURPAR

Verbo transitivo.

1. Tornar fea [unha cousa], privala de beleza.
Ex: Construcións incontroladas deturpan os cascos históricos das cidades.
Sinónimos: afear, desfigurar.

2. Facer que [unha cousa] perda a súa forma orixinal alterando a súa estrutura ou características.
Ex: A longa transmisión oral do romance deturpou o orixinal.
Sinónimos: Corromper, deformar, desvirtuar.

GALDRUMEIRO

GALDRUMEIRO

Adxectivo.

[Persoa] que come moito e con avidez, sen coidar a limpeza ou as boas formas.
Ex: Se fose tan galdrumeira como dis, non había dicir que non quería comer.
Sinónimos: chapón, comellón, lapadoiras, papón.

Tamén substantivo: a eses galdrumeiro non hai comida que o farte.
Sinónimos: alarbe, chapón, comellón, cumia enchedoiro, lapadoiras, papón, tripeiro.

Nota de edición: Na comarca lucense da Terra Chá, e máis concretamente na parroquia de Os Vilares, no Concello de Guitiriz, emregábase tamén "lanfria" ou "galafate". Lembro que os meus avós as empregaban, a pesares de que non están recollidas pola RAG como sinónimos variantes oficiais. 


APUPO

APUPO

Substantivo masculino.

1. Manifestación de protesta, desconformidade, burla, desprezo, etc.
Ex: O alcalde sabía que se expoñía aos apupos da oposición por tomar aquela medida.
Sinónimo: apupada.

2. Berro de insulto, burla, etc.
Ex: Os apupos do público asistente eran enxordecedores.

3. Berro con que se persegue un animal daniño para escorrentalo.
Ex: Espantaron o lobo con apupos.

4. (Charonia lampas) Gasterópodo da orde dos monotocardios, de cuncha grande que pode chegar aos vinte e cinco centímetros e forma oblonga, con manchas brancas e castañas.
Ex: Os apupos mediterráneos adoitan ser máis grandes ca os galegos.
Sinónimos: bucina, bucio, buguina, carlou, corno.

5. Cuncha deste molusco desprovista da súa carne e furada pola punta, que serve para facela soar soprando por ela.
Ex: Rompéndolle as primeiras voltas da espira, xa se pode facer soar o apupo.
Sinónimos: bucina, bucio, buguina, corna, corno.





jueves, 6 de junio de 2019

CHOULÁN

CHOULÁN

Substantivo masculino.

Embutido feito cos pulmóns e outras vísceras do porco que non serven para o chourizo.

Ex: A carne máis cativa aproveitábana para facer os chouláns.

Sinónimos: chanfaina, chofre, choutela.